Nesta sección atoparás TRES GRUPOS TEMÁTICOS:
Xurisprudencia, Emprego e Formación.
En cada un dos bloques irán aparecendo tanto noticias como análises puntuais e mesmo sentenzas, convocatorias de emprego público, anuncios e informacións relacionados coa formación para o emprego e diversa documentación de utilidade para saber mais da realidade do mundo do Traballo e @s Traballador@s
SENTENZA EXEMPLAR DO TSXG SOBRE DESPEDIMENTO DUN CANDIDADO DA USTG ÁS ELECCIÓS SINDICAIS
O día 27 de xuño de 2016, a USTG presenta candidaturas para as Eleccións Sindicais na empresa Bilfinger, (hoxe integrada en Kaefer) no centro de traballo de Vilar do Colo (Fene).
Dous días despois, dous membros da candidatura antedita reciben carta de despedimento disciplinario, e no propio acto de entrega de dita carta, a empresa ofrece-lles unha indemnización semellante á que correspondería por despedimento improcedente.
Compre sinalar que o Comité de Empresa, composto integramente nese momento por membros da CIG, non move nin un músculo diante de semellante vulneración de dereitos. Porque non se trata de simples despedimentos improcedentes, se non de despedimento de candidatos electorais. Os candidatos despedidos son o nº 1 e o 4 da lista da USTG.
De inmediato, os despedidos có asesoramento da USTG presentan papeleta de conciliación por despedimento nulo. No acto de conciliación, un dos traballadores despedidos acepta unha indemnización moito mais alta da que lle correspondería por despedimento improcedente, abandonando a Empresa e polo tanto a Lista Electoral.
Compre sinalar que, mentres se libraba a primeira fase do proceso de reclamacións dos despedidos, a Mesa Electoral da Empresa anula a Lista Electoral da USTG, cousa que é recurrida polo Sindicato e que da lugar a un Laudo que obriga a aceptar dita candidatura nos seus propios términos, é dicir, con todos os candidatos presentados.
O proceso electoral na empresa remata có resultado de 4 delegados electos da USTG dos cinco que compoñen o Comité, quedando a CIG con un só delegado.
Pero o proceso xudicial por vulneración de dereitos fundamentais e despedimento nulo contra a Empresa segue no Social 2 de Ferrol, que nunha sentenza incomprensible, declara que o traballador que non aceptou o trato no SMAC, foi obxecto dun despedimento improcedente ( o que lle daría á empresa a opción de indemnizalo, e xa que logo consumar a represalia por se presentar ás Eleccións. Nin o Fiscal nin a Xuiza “atoparon” delito ningún na actuación de Empresa, nin causa ningunha para declarar nulo o despedimento.
Recurrida a sentenza de instancia diante do TSXG, éste dictou unha nova sentenza contundente, que deixou tanto ao Fiscal como á Xuiza no meirande ridículo.
A Empresa non é só concenada a readmitir ao traballador con todas as consecuencias e a abonarlle todos os salarios non cobrados, senon que a condena a unha forte indemnización por danos morais.
Resulta significativo que os Xuices do TSXG, á hora de definir a indemnización por danos, explican que dita indemnización non ten como único obxecto o resarcimento do traballador polos danos morais, senon tamén unha función disuasoria, para darlle a entender á Empresa que pode saír caro actuar do xeito que o fixo Bilfinguer.
Nin que dicir ten que o compañeiro despedido está en boa hora traballando de novo e, mentres durou a Lexislatura exercendo a súa función como representante sindical electo. (Ver Sentenza)
SENTENZA DA SALA DO SOCIAL DA AUDIENCIA NACIONAL, RELACIONADA CO IV CONVENIO COLECTIVO ÚNICO PARA O PERSOAL LABORAL DA ADMINISTRACIÓN XERAL DO ESTADO
Anula diversos preceptos, principalmente os referidos a funcións delegadas da Comisión Mixta de control do Convenio, atribuídos a subcomités da mesma, de xeito que por esa vía unha organización sindical con dereito a participar na negociación era parcialmente expulsada da Mesa de Negociación, vulnerando un dereito sindical básico. (Ver Sentenza)
A AUDIENCIA NACIONBAL DECLARA NULO O IV CONVENIO COLECTIVO DE NAVANTIA
Nuha sentenza (017/2015) contundente, este Tribunal deixa moi claro que, se ben os Convenios Colectivos de Empresa poden ser negociados ben polos Sindicatos ou ben polos Órganos de Representación Unitaria (Comités de Empresa ou Comités Intercentros), o que non cabe é que pola vía dos feitos, se é o Órgano de representación unitario o que negocia, os Sindicatos acaben suplantando dito Órgano negociador, que foi xustamente o que aconteceu no caso que nos ocupa. (Ver Sentenza)
OS DÍAS DE PERMISO RETRINUÍDO QUE ESTÁN NO E.T. OU NO CONVENIO TEÑEN QUE SER DIAS DE TRABALLO
O Tribunal Supremo, nunha sentenza do 13 de febreiro de 2018, deixou claro un asunto que viña sendo causa de multitude de abusos por parte das empresas de todos os sectores e todos os tamaños: o concepto de permiso retribuído establecido no Art. 37.3 do Estatuto dos Traballadores así como en moitos Convenios Colectivos.
A sentenza antedita alara que o concepto mesmo de permiso retribuído exclúe a posibilidade de aplicar tal concepto a días que non son de traballo, pois neses días non precisan de permiso: simplemente non se traballa.
A importancia desta Sentenza non está en que interpreta de maneira clara a prol dos traballadores un artigo dun Convenio Colectivo – que pola súa propia natureza afecta a una pequeña parte dos asalariados – se non porque non se limita á literalidade do convenio – o Estatal do Sector de Contact Center – e interpreta de paso e con moita claridade o Art. 37.3 do Estatutos dos Traballadores, desixando fora de toda dúbida que os permisos retribuídos empezan SEMPRE EN DÍAS HÁBILES.
Pola súa trascendencia, poñemos a disposición de todos/as o texto íntegro da Senteza, para que sexa lida e, no seu caso, utilizada na defensa dos dereitos concretos fronte a quen os queira vulnerar.
Sen embargo compre precisar que esta é unha sentenza que se refire a unha empresa en concreto, e xa que logo, aínda que é evidente que vai ter consecuencias xerais, estas non se van producir de xeito xeralizado e de inmediato, porque aínda haberá empresas que escamoteen esa xurisprudencia e non hai que descartar ter que levar a xuizo a algunha que outra… Ver Sentenza
SENTENZA DO TRIBUNAL SUPREMO QUE DECLARA FRAUDULENTO CONTRATO DE INTERINIDADE POR ESPAZO DE 20 ANOS
O Supremo considera fraudulento que en 20 anos non se cubra unha vacante ocupada por unha interina,
CONTRATOS TEMPORAIS COA ADMINISTRACIÓN. Contrato de interinidade por vacante. Contrato de duración inusualmente longa, de máis de 20 anos, que fai que deveña fraudulento, polo que se recoñece a relación laboral como indefinida cunha antigüidade a computar desde o inicio da relación. O inicial contrato de interinidade foi subscrito hai 20 anos, tempo no que non se convocou o proceso selectivo para a cobertura de vacante, transcorrendo o prazo máximo do tres anos que se fixa no art. 70 do EBEP. A contratación temporal alargada no tempo deslexitima o contrato inicialmente válido, de tal maneira que a actividade obxecto do contrato necesariamente incorporouse ao habitual quefacer.
O Tribunal Supremo desestima o recurso de casación para a unificación de doutrina interposto contra a sentenza do TSJ de Galicia, confirmando a declaración de relación laboral indefinida, tendo en conta a antigüidade desde 1992. Ver Sentenza
Contenido de pestaña va aqui
SENTENZA DO TRIBUNAL EUROPEO SOBRE O DEREITO A VACACIONS ANUAIS RETRIBUIDAS SEN LIMITE DE TEMPO NO SEU EXERCICIO
O asunto que orixina a Sentenza ven sendo o seguinte: Un trabalador británico estivo durante algo mais de trece anos traballando a comisión nunha Empresa, e durante todo ese tempo, o patrón deulle nalgún caso vacacións non retribuidas, e noutros nin sequera gozou de vacacións ningunhas.
Ao finalizar a relación laboral por xubilación, o traballador reclamou a retribución, tanto das vacacións gozadas e non cobradas, como das non gozadas. Cousa que o patrón lle negóu, e a Xustiza británica non lle recoñeceu plenamente.
A sentenza do Tribunal Europeo, que foi publicada hai só uns días, é categórica: Por unha parte, o traballador, independentetemente da maneira en que é retribuido, é un traballador por conta allea – por estes lares isno non é nada secundario – e por outra, o dereito ás vacacións anuais non pode ser limitado no tempo en virtude de lexislacións nacionais dentro da Unión Europea.
Ben paga a pena ler con atención a Senteza que nos ocupa, polo que ten de utilidade para a xestión das moitas controversias que se dan no nos país, por mor da resistencia de moitos patróns a cumprir a legalidade no que afecta ao dereito ao descanso dos seus traballadores, e mesmo as travas de caracter legal e mesmo formal que a lexislación nacional aínda contén, para limitar o exercicio deste dereito.
O DITO: Na Unión Europea as vacacións non gozadas ou non pagadas non prescriben no tempo, e o traballador ten dereito a reclamalas á empresa aínda que o seu devengo fora de hai varios anos para atrás. Ver Sentenza
SENTEZA DO TXUE QUE DECLARA CONTRARIO A DEREITO COMUNICARIO A NON INTRERRUPCIÓN DAS VACACIÓNS, PARA SEU POSTERIOR DISFRUTE, EN CASO DE INCAPACIDADE LABORAL SOBREVIDA DURANTE AS MESMAS
A sentenza, na súas conclusión, podería ser mais extensa, pero non mais clara: » O Artigo 7, apartado 1, da Directiva 2003/88 / CE do Parlamento Europeo e do Consello, do 4 de novembro de 2003, relativo a certos aspectos da organización do tempo de traballo, debe interpretarse no sentido de que se opón ás disposicións nacionais que establecen que un traballador que se atopa en situación de incapacidade laboral ocorrendo durante o período de vacacións anuais retribuídas, non ten dereito a gozar posteriormente do vacacións anuais coincidentes co período de incapacidade laboral». Ver Sentenza
OFERTAS DE EMPREGO PÚBLICO
- Oferta Emp Publico AXE 22
- Oferta Emp Publico Estabiliz Temporal AXE
-
Oferta Emprego Público Concello de Naron 2021
-
Oferta Emprego Público Concello de Santiago 2021
-
Oferta Emprego Público Concello de Vigo 2021
-
Oferta Emprego Público Deputación da Coruña 2021
-
Oferta Emprego Público Deputación de Pontevedra 2021
-
Oferta Emprego Publico Estado 21
-
Oferta Emprego Público Xunta de Galicia 2021
Contenido de pestaña va aqui