Obxetivos

  • Salarios que garantan o poder adquisitivo

    Salarios que garantan o poder adquisitivo das economías familiares, con mecanismos de participación no crecemento económico

  • Xornada de 35 horas

    Avanzar cara á xornadade 35 horas, e progresiva erradicación dos excesos de xornada que, presionados pola precariedade contractual, milleiros de traballadores e traballadoras se ven obrigados a facer e na maioría dos casos non cobrar.

  • A Seguridade e a Saúde Laboral

    A Seguridade e a Saúde Laboral son parte inseparable das condicións de traballo, e como tais se teñen que garantir a todos os traballadores e traballadoras.

  • Desaparición progresiva das EETTs

    Reclamamos a desaparición progresiva das EETTs, xa que súa existencia é de por sí un mecanismo de precariedade contractual e xerador de sinistralidade laboral.

  • Relacións Laborais e Negociación Colectiva

    Un marco propio de Relacións Laborais e Negociación Colectiva en Galicia, que facilite a participación dos traballadores/as e acade unhas condición de traballo e de salarios axustados á realidade económica que se está a vivir en Galicia.

  • Incorporación das Mulleres e os Xoves

    A Incorporación das Mulleres e os Xoves galegos ao Mercado Laboral en condicións de IGUALDADE, sen precariedade nen discriminación salarial.

  • Atención especial os novos oficios

    Prestar especial atención os novos oficios que están aparecendo sen regulación específica, para combater súa desprotección. Creación de mecanismos axeitados, pegados á realidade e non meramente burocráticos, para incorporar ao mercado laboral @s Parad@s de longa duración..

  • Reserva de postos de traballo para Discapacita@s

    Cumprimento riguroso da Lei na reserva de postos de traballo nas Empresas e Administracións para @s Discapacitad@s.

  • Integración efectiva dos Inmigrantes

    Integración efectiva dos Inmigrantes, que lles garanta unha vida digna.

  • Única e Eficaz

    Unha Administración Pública Galega Única e Eficaz.

  • Negociación Colectiva d@s Empregad@s Públic@s

    Reclamamos a Negociación Colectiva d@s Empregad@s Públic@s, e o establecemento dunha Carreira Profesional que inclúa a existencia dunha soa modalidade de Empregad@ Públic@.

  • Dereitos d@s Traballador@s Autónom@s

    Recoñecemento e defensa dos dereitos dos Traballadores Autónomos, moitos deles sobre-explotados na actualidade polas empresas ás que prestan seus servizos, en condicións económicas e de traballo indignas e con contratos mercantís ficticios.recemento económico.