Federación UNIÓN SINDICAL
O día 4 de Xullo de 2003, publicouse no BOE o rexistro da Acta de Constitución e dos Estatutos da Federación de Organizacións Sindicais Unión Sindical (US).
Unha nova Organización que ven a encher un baleiro no Panorama Sindical actual. Dúas son as principais características desta nova Organización da que a USTG somos fundadores e estamos impulsando codo a codo cun fato de Organizacións:
Dunha banda, os principios da Independencia e da Autonomía, que nos diferencian doutros proxectos sindicais e configuran un xeito propio de facer sindicalismo.
E doutra, a articulación federal da súa organización interna que a fai ser unha Organización de Organizacións soberanas, xunguidas libremente a prol duns principios e duns obxectivos.
O que fai transcendental este instrumento é que por primeira vez se vai ás fontes á hora de estruturar unha Organización Sindical Superior, pois en lugar de partir da idea de construír unha soa organización que se impón de arriba abaixo, pártese do respecto á auto-organización dos traballadores, súa independencia e súa autonomía.
Preténdese pois, que as organizacións que se teñan constituído ou se poidan constituír polos traballadores libremente, nos xungamos para facer algo verdadeiramente grande, máis de xeito que o todo non sepulte á parte.
Que ninguén teña que se disolver para poder participar no Proxecto. Que todas as organizacións que se federen poidan manter súa identidade, súa denominación, súa independencia para establecer a política estratéxica e reivindicativa do seu ámbito e súa autonomía para se organizar como mellor conveña ós seus intereses.
Un Proxecto aberto, de xeito que se unha organización non se atopa cómoda no seo da Federación, igual que entrou poida saír sen que supoña trauma ningún, nin un prexuízo para os seus intereses, nin a confrontación cós de todos, antes ben, un exercicio de liberdade.
Unión Sindical (US): Plaza de Sta. Bárbara,5-entresuelo C 28.080 – MADRID
Velaí resumidas as señas de identidade desta nova Organización:
Nace da reflexión…
A FEDERACIÓN DE ORGANIZACIONS SINDICAIS US (Unión Sindical) Nace da reflexión… A Federación de Organizacións Sindicais nade da reflexión do grupo de sindicalistas o que nos une o compartir traballo e esforzo para facer realidade o proxecto Sindical, Independente e Plural.
Ca experiencia…
Ca experiencia… Que militamos en organizacións sindicais independientes e con a experiencia de ser protagonistas da historia recente do Sindicalismo Español dende os tempos difíciles da dictadura a actual configuración do Estado Democrático das Autonomías
Unha resposta consciente…
Unha resposta consciente… Pretendemos pois, dar unha resposta consciente e concienciadora, frente a desesperanza; o desánimo; a falta de participación; a buracratización, o anqulosamento dos aparatos; o desprestixo dos sindacatos; frenta a falta, en definitiva dun horizonte claro, dunha prespectiva extratéxica que de senso o que facer diario das nosas Organizacións