A USTG gañou as Elecións no Hospital Juan Cardona de Ferrol

O bó traballo da xente da USTG pilotando o Comité de Empresa deste centro hospitalario foi refrendado polas traballadoras e traballadores nas recentes eleccións sindicais, aumentando a presenza do noso Sindicato no Órgano de representación colectiva.

Non vai ser pequena a tarefa que se aveciña neste centro de traballo, que desde primeiros de xuño terá como patronal ó Grupo Ribera Salud.