ESTATUTOS DA USTG

LIMAR

A Unión Sindical de Traballadores de Galicia USTG, xurde froito da experiencia da historia recente do sindicalismo que, asumindo os principios e valores da autonomía sindical e o pluralismo que caracteriza ó mundo do Traballo, veu desenvolvéndose desde os tempos difíciles da ditadura ata a actual configuración do Estado democrático das Autonomías.

Consecuente cunha vontade de unidade e unión no respecto á pluralidade propia dos traballadores e das traballadoras, a USTG aspira a constituirse no referente e aglutinante das organizacións sindicais que, en Galicia, se reclaman da independencia e da autonomía sindical, respectando súa identidade, súa autonomía e súa capacidade de organización.

CAPÍTULO I.- DENOMINACIÓN, ÁMBITO E DOMICILIO

Art. 1. Denominación
Coa denominación de UNIÓN SINDICAL de TRABALLA-DORES de GALICIA (USTG), ó amparo da L.O. 11/1985 de Liberdade Sindical, constitúese unha Organización Sindical na Comunidade Autónoma de Galicia que se organiza e rexe po-los presentes Estatutos. O anagrama será as siglas en formato de letra BLIPPO BLACK BT.

Art. 2. Ámbito
O ámbito territorial da UNIÓN SINDICAL de TRABALLADORES de GALICIA en adiante USTG, correspóndese có propio territorio da Comunidade Autónoma de Galicia, dispoñendo de plena soberanía, de personalidade xurídica propia e plena capacidade de obrar.
Non embargantes a USTG, para a consecución dos seus fins, poderá federarse ou confederarse con outras organizacións, de España, Europa ou do Mundo.

O acordo de federarse ou confederarse e, no seu caso, desfederarse ou desconfederarse, corresponderalle ó Comité Nacional, en tanto que órgano máximo entre Congresos.

Art. 3. Domicilio
O domicilio da USTG fica na Rúa Españoleto, nº 76-78 baixo, C.P. 15403 FERROL, podendo o Comité Nacional acordar en calquera intre o seu traslado a outro lugar do territorio de Galicia.

CAPÍTULO II.- PRINCIPIOS E OBXECTIVOS DA USTG

Art. 4. Principios
Os principios que deberán compartir os afiliados e as organizacións que se integren na USTG serán:  (ler máis)

REGULAMENTO DAS ASESORÍAS DA USTG

Limiar

As normas establecidas neste regulamento obrigan a tódalas partes afectadas. O Comité Nacional da USTG, poderá modificalas cando o teña a ben.

Con elas quedan regulados o asesoramento e asistencia xurídica proporcionada polos recursos propios ou concertados, da Unión Sindical de Traballadores de Galicia, nos locais do Sindicato adaptándose a elas as situacións especiais que se poidan acordar polo Comité Nacional.

Artigo 1.- Ámbito e extensión do servizo.

1. A atención xurídica constitúe un dos servizos do sindicato para os afiliados ó corrente do pago das cotas.

2. A condición de afiliado só a ten o titular do carné de afiliado que se deberá presentar para a utilización do Servizo.

3. No obstante, tamén poderán ser atendidos os non afiliados, ós que se lles aplicarán as presentes normas e en concreto as tarifas a eles referidas e contidas no anexo I.

4. O Servizo comprenderá exclusivamente a asesoría e atención xurídica de materias do dereito do traballo, seguridade social e contencioso-administrativo, quedando polo tanto excluídas as restantes materias de outras xurisdicións (penal, civil, etc.).

5. No referido a outras materias ou campos do Dereito, tan só se poderá prestar, no ámbito do Sindicato, a primeira consulta. De xeito que, unha vez realizada esta, os/as usuarios/as da Asesoría podan concertar, cos profesionais titulares da mesma e fora do ámbito do Sindicato, a continuación do expediente, prezo e demais cuestións.

Artigo 2.- Gastos no incluídos no Servizo

1. Serán por conta do/a usuario/a, incluídos os afiliados, as seguintes partidas:

a) A condena ao pago das custas e multas que se poidan impoñer polos Tribunais na tramitación de
calquera procedemento, dos que será responsable o/a reclamante.

b) Os custos externos da propia asistencia e dirección xurídica, que sexan precisos para atramitación do expediente e o seu bo remate, como son: os gastos de procuradores, a realización de poderes notariais,  (ler máis)