Afiliarse á USTG ten súas avantaxes

O pago da Cota Sindical pódese facer efectiva a medio dunha Conta Bancaria, ou ben pola Nómina que se cobra no centro de traballo. Nós chamamos-lle a isto Afiliación por Banco ou Afiliación por Nómina. A Cota por nómina págase mensualmente, e a medio de conta bancaria, por trimestre, semestre ou anual, a túa elección.

A afiliación pódela tramitar cubrindo o formulario que se atopa mais abaixo. Normalmente o formulario ábrese por defecto con Adobe Reader*.  ( Unha vez cuberto, pódelo imprimir e, xa impreso, facerlle unha foto co móvil ou un pantallazo có PC  (tecla ImpPant do teclado).

Tanto a foto coma o pantallazo, pódese gardar como imaxe no teléfono ou no PC, e remitila como adxunto á conta de correo contac@ustg.es

Tamén o podes enviar, unha vez impreso, por correo a unha das sedes da USTG, entregalo en man no mesmo destino, ou darllo á persoa de referencia da USTG no teu centro de traballo.

Se unha vez cuberto o formulario de afiliación queres remitilo directamente á USTG, podes facelo. O que nos vai chegar son os datos que cubriche, e con eles nós construiremos un formulario cuberto, que che remitiremos ao teu email para verificación.

Aquel@s que teñades no voso PC un programa como Adobe Acrobat, podedes cubrir o formulario, gardalo como arquivo PDF directamente e renitilo á USTG como adxunto, usando a conta de correo contac@ustg.es.

Baixar Boletin Afiliación á USTG

Segundo o navegador que utilices (Internet Explorer, Mocilla Firefox, Google Crhome, etc), pode que che diga que non se atopa a aplicación axeitada para abrilo. Se é o caso, simplesmente usas a opción Descargar, e unha vez descargado ábrelo coa aplicación de Adobe que teñas instalada.

*Se non tes o programa Adobe Reader no teu PC, Smartphone ou Tablet. podes descargalo e instalalo de xeito gratuito aquí

Traballar por conta allea supón unha relación desigual:

O Patrón é quen manda no traballador/a.

Por iso un traballador/a só está sempre en situación moi feble diante do empregador.

  • A ferramenta axeitada para mellorar isto é o Sindicato.
  • Pero o Sindicato non é algo abstrato que se poida facer sen tí.
  • Afiliarte é o camiño para dispor da ferramenta que che permite enfrontar có Patrón un trato entre iguais.

AVANTAXES DE ESTAR AFILIADO/A Á USTG

Estar afiliado á USTG significa participar nun proxecto para transformar a realidade, mellorar as condicións de vida e de traballo dos afiliados e afiliadas e dos traballadores e traballadoras en xeral.

E facelo sen que a coxuntura política condicione súa actuación, respondendo estrictamente ós teus problemas laborais e profesionais e dispoñendo para elo dos Servizos que sexan precisos.

Ademais estar afiliado a USTG supón:

  • Contribuír a fomentar o emprego estable; traballar por unha maior integración e igualdade dos colectivos con maiores problemas (xoves, mulleres, inmigrantes …) no mercado de traballo; desenvolver os dereitos de participación e negociación nas empresas; abrir vías de solución dos conflictos sen acudir ós tribunais, etc.
  • Dispor de Gabinetes Xurídicos Especializados (avogados/as laboralistas, administrativistas, etc.)
  • Estar informado sobre: Contratación, salarios, vacacións, nóminas, xornadas, convenios colectivos, liquidacións, finiquitos, xubilacións, pensións, Seguridade Social, despedimentos, etc.
  • Formación específica e sindical para os Delegados/as de persoal, membros dos Comités e Xuntas de Persoal, etc.
  • Recibir unha atención directa nas empresas a través da súa correspondente Sección Sindical ou nas sedes do Sindicato.
  • Obter descontos e gozar as avantaxes nos Seguros, Ópticas, Telefonía móbil, entidades e comercios cos que mantén convenios o Sindicato e noutros servizos que se poidan crear.

Se pensas que, efectivamente, é de teu interese estar afiliado, enche o formulario, remíteo ou pasa polo Sindicato.