MILITANTES E CADROS DA USTG XÚNTANSE EN FERROL PARA REFLEXIONAR SOBRE AS IMPLICACIÓNS SINDICAIS DA CONTRAREFORMA LABORAL

Coa presencia de Jaime Sagalés Fidalgo, Catedrático de Dereito do Traballo e juiz do Social en Bilbao, que aportou unha valiosa análise do contexto económico e político no que se enmarca a Reforma Laboral en marcha, proporcionando excelentes aportacións para re-situar a acción sindical diante do novo esceario, desenvolveuse na sede ferrolana da USTG unha interesante xornada de reflexión e debate.

A xornada rematou counha cea de confraternidade de militantes e cadros, para finalmente, o 1 de maio, participar na Manifestación Unitaria de celebración do DÍA INTERNACIONAL DO TRABALLO.

    A Unión Comarcal de USTG-Ferrol, con motivo da celebración do 10 de marzo 2012, convoca a tódolos afiliados e afiliadas  a un acto interno no local do sindicato as 10,30 horas para  a continuación dirixirse a participar nos actos institucionais de conmemoración desta efeméride.

O acto institucional no que, desde que ven sendo organizado polo Concello, participa a Unión Comarcal de USTG-Ferrol, non é patrimonio de ningún grupo político ou sindical e coincide coa nosa posición de que, a conmemoración do dez de marzo, é patrimonio de Ferrol e non debe ser utilizada para afirmacións nacionalistas, pois o día da clase obreira galega e de todo mundo, é o 1 de maio.

Nesta ocasión, a Unión Comarcal de USTG-Ferrol, queremos denunciar a grave situación que a crise e o desemprego están a levar a unha cada vez mais importante cifra de familias de Ferrolterra con perto de 20.000 parados e facerlle fronte coa unidade e solidariedade que é precisa fronte a quen tendo a responsabilidade de buscar solucións, tan so pretende cargar sobre os traballadores e as súas familias o custe da crise.

Por iso faremos público o rexeitamento da Reforma Laboral que o Goberno do Estado pretende impoñernos a os traballadores e traballadoras, desde a súa maioría parlamentaria como fixeron hai uns días en Galicia cos recortes aos empregados públicos e convocaremos á tódolos/as traballadores/as e cidadanía en xeral á manifestación que sairá do inferniño as 12 do mediodía do domingo día 11 de marzo.

    Celebraremos, pois esta efeméride, que é patrimonio do todo o pobo de Ferrol, coa solemnidade que lle corresponde tanto para honrar a memoria de Daniel e Amador, como para salientar os valores da solidariedade e do esforzo común na loita pola consecución das liberdades, reivindicando a súa vixencia ao reclamar a retirada da Reforma Laboral que pretende o Goberno.

Deste xeito, a Unión Comarcal de USTG-Ferrol fai un chamamento a tódolos cidadáns e cidadás a participar no acto organizado polo Concello, o día 10 as 11,30 horas, que consistirá nunha ofrenda floral no Monumento ao 10 de Marzo.

Ferrol 7 de marzo de 2012

 

Milleiros de empregados/as públicos/as saíron á rúa a manifestarse en toda Galicia, para reclamar a retirada do Proxecto de Lei de Medidas no Emprego Público.

As manifestacións percorreron as rúas das 7 cidades galegas, respondendo ao chamamento unánime da práctica totalidade das forzas sindicais.

En poucas ocasións unha convocatoria destas características ten acadado unha resposta tan masiva, o que resulta especialmente significativo por terse producido só 4 días despóis doutra grande mobilización social, a do domingo 19 en contra da Reforma Laboral do Goberno de Rajoy.

As medidas que contén o Proxecto de Lei  contestado supoñen recortes dos dereitros e das condicións de traballo dos Empregados Públicos. Pero non é unha iniciativas aillada, xa que está encardinada no programa de recortes dos Servizos Públicos e privatización dos mesmos que practica a Xunta de Galicia dirixida polo Presidente Feijoo, presuntamante xustificada pola necesidade de diminuir o déficit, mentres o gasto público suntuario, de "asesores políticos" e "asistencias técnicas", non para de medrar.

E por elo que a oportunidade da mobilización que comentamos non se reduce á defensa corporativa dos intereses dos Empregados Públicos, pois o que se está a reivindicar é a defensa dos Servizos Públicos de Calidade.

Esta mobilización terá continuidade co programa de peches e concentracións para o 28 de febreiro, coincidindo có debate no Parlamento de Galicia do  mentado Proxecto de Lei.



Páxina oficial da U.S.T.G (Unión sindical de traballadores de Galicia). Entra e coñécenos.